Información legal
Política de privacidade
GAFIX — Asociación Empresarial, con CIF G19900034 (en diante, o propietario, ASOCIACIÓN GAFIX ou GAFIX), comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de tratalos con confidencialidade, e asume, a estes efectos, as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, do Real Decreto-Lei 13/2012, do 30 de marzo, así como da obriga de información ao usuario contemplada na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e demais lexislación aplicable.
O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose GAFIX o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que facilitara datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.
Finalidade do tratamento
Se ben o acceso a esta páxina web non supón que o Usuario interesado estea obrigado a facilitar ningún dato persoal, os datos requiridos no formulario son obrigatorios e sen eles non é posible prestar o servizo de información solicitado.
Así mesmo, o usuario presta o seu consentimento e acepta expresamente e de forma libre e inequívoca que os seus datos persoais sexan tratados por parte de GAFIX para realizar as seguintes finalidades: remisión de comunicacións comerciais publicitarias por e-mail, fax, SMS, MMS, WhatsApp, comunidades sociais ou calquera outro medio electrónico ou físico, presente ou futuro, que posibilite realizar comunicacións comerciais. Ditas comunicacións comerciais estarán relacionadas con produtos ou servizos ofrecidos por GAFIX, así como por parte dos colaboradores cos que este alcanzara algún acordo de promoción comercial entre os seus clientes. Neste caso, os terceiros nunca terán acceso aos datos persoais. En todo caso as comunicacións comerciais serán realizadas por parte do prestador e serán de ou para:
- Produtos e servizos relacionados co sector do prestador.
- Realizar estudos estatísticos.
- Envío de comunicados.
- Tramitar encargos, solicitudes ou calquera tipo de petición que sexa realizada polo usuario a través de calquera das formas de contacto que se poñen á disposición do usuario neste sitio web.
- Recibir o newsletter da páxina web gafix.gal.
GAFIX informa e garante expresamente aos usuarios que nunca venderá, arrendará, compartirá ou de algunha outra maneira distribuirá ou porá os seus datos á disposición de terceiras persoas e que, sempre que fose a realizarse algún tipo de cesión de datos persoais, de forma previa se solicitaría o consentimento expreso, informado e inequívoco por parte dos titulares.
Aceptación da Política de privacidade
O Usuario recoñece e acepta ter lido e comprendido a presente Política de Privacidade cuxo contido constitúe a totalidade do acordo entre o Usuario e GAFIX con respecto ao uso e tratamento da súa información persoal dentro do Sitio Web. O Usuario expresamente acepta obrigarse nos termos da presente Política de Privacidade, en toda a súa extensión e alcance, sen exceptuar calquera das súas disposicións. Ademais das disposicións contidas na presente Política de Privacidade, o Usuario obrígase a dar cumprimento ao Aviso legal.
GAFIX resérvase o dereito de actualizar e realizar cambios na Política de Privacidade incluso sen mediar notificación previa ao Usuario. Tales modificacións deberán facerse efectivas no momento da súa publicación no Sitio Web, onde estarán dispoñibles para o Usuario en todo momento. Neste sentido, recomendamos ao Usuario consultar regularmente o contido da Política de Privacidade para estar ao tanto de calquera modificación que afecte ao procesamento de datos dentro do Sitio Web.
Dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación
O usuario poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación ao tratamento dos seus datos persoais, nos termos e condicións previstos na LOPD. Poderá exercer ditos dereitos dirixíndose a GAFIX ben por e-mail a info@gafix.gal ou ben por correo ordinario a Rúa Valiño, 63-65, Santiago de Compostela. A Coruña.
Ou se o preferes, podes exercer os teus dereitos mediante o seguinte formulario.