
Que facemos
A voz das entidades que traballan pola infancia, a xuventude e as familias
As organizacións que integran GAFIX xeran emprego cualificado, impulsan a innovación social e desenvolven a súa actividade nos principais ámbitos de actuación do Convenio Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores. A través da representación, a cooperación e o traballo en rede, contribuímos a construír un sector máis forte, profesionalizado e con maior capacidade de resposta ante os retos sociais.
Representación e interlocución institucional
Defendemos os intereses comúns do sector ante as administracións públicas e outros axentes.
Incidencia e políticas públicas
Participamos no diálogo e na elaboración de propostas que contribúan a mellorar as políticas de familia, infancia e xuventude.
Defensa e fortalecemento do sector
Traballamos para mellorar as condicións nas que as entidades desenvolven os seus servizos e programas.
Asesoramento técnico
Compartimos coñecemento e facilitamos respostas ante cuestións normativas, laborais e técnicas de interese común.
Formación e coñecemento
Promovemos espazos de formación, análise e intercambio para avanzar en calidade e profesionalización.
Cooperación e traballo en rede
Xeramos alianzas entre entidades e favorecemos proxectos e iniciativas compartidas.
As entidades que forman GAFIX traballan en
- Protección de nenos, nenas e adolescentes
- Reforma xuvenil e execución de medidas xudiciais
- Intervención socioeducativa
- Atención e intervención familiar
- Emancipación e transición á vida adulta
- Inclusión social e inserción sociolaboral
- Acollemento residencial e recursos de convivencia
- Prevención e intervención comunitaria
- Saúde mental e apoio psicosocial
- Atención a persoas en situación de vulnerabilidade