
Unha voz común para as entidades de familia, infancia e xuventude en Galicia.
Representamos ao sector, defendemos os seus intereses e traballamos para mellorar as políticas, os servizos e as condicións nas que as entidades desenvolven o seu labor.
Unindo entidades para fortalecer o sector social galego
GAFIX é a Asociación Empresarial Galega de Familia, Infancia e Xuventude. Reúne entidades de iniciativa social que desenvolven a súa actividade nos ámbitos de protección de nenos, nenas e adolescentes, reforma xuvenil, intervención socioeducativa, atención a familias, emancipación, inclusión social e outros recursos especializados.

Representación e interlocución
Defendemos os intereses comúns do sector ante as administracións públicas e outros axentes.

Incidencia e políticas públicas
Participamos no diálogo e na elaboración de propostas que melloren as políticas de familia, infancia e xuventude.

Asesoramento técnico
Compartimos coñecemento e facilitamos respostas ante cuestións normativas, laborais e técnicas de interese común.

Cooperación e rede
Xeramos alianzas entre entidades e favorecemos proxectos e iniciativas compartidas.
13
Entidades asociadas
Galicia
Ámbito de actuación
+ de 1050 profesionais
Infancia, xuventude, familia, inclusión e máis
Forma parte de GAFIX e suma a túa entidade a unha rede que impulsa o cambio social en Galicia.