Información legal
Aviso legal
Condicións xerais de uso do sitio web gafix.gal
O acceso, navegación e utilización da páxina web www.gafix.gal (en diante, o «Sitio Web») implica a aceptación expresa e sen reservas de todos os termos do presente Aviso Legal. A súa observancia e cumprimento será esixible respecto de calquera persoa que acceda, navegue ou utilice o Sitio Web.
Identificación
- Titular: GAFIX — Asociación Empresarial Galega de Familia, Infancia e Xuventude (en diante, o propietario, ASOCIACIÓN GAFIX ou GAFIX)
- Domicilio social: Rúa Valiño, 63-65, Santiago de Compostela. A Coruña – Galicia (España)
- CIF: G19900034
- E-mail: info@gafix.gal
Obxecto
O presente Aviso Legal regula o acceso, navegación e utilización do Sitio. Non obstante, o acceso a determinados contidos e a utilización de determinados servizos poden estar sometidos a determinadas condicións particulares, que serán en todo caso claramente mostradas e deberán ser aceptadas expresamente por parte dos Usuarios. Estas condicións particulares poderán substituír, completar ou, se for o caso, modificar as establecidas no presente Aviso Legal.
Para os efectos da interpretación do presente Aviso Legal, enténdese que unha persoa pasa a ser usuaria (en diante, «Usuario» ou «Usuarios») no momento en que esta acepta o presente Aviso Legal.
Acceso e rexistro
O acceso e uso do Sitio Web non require rexistro. Non obstante, o acceso e navegación polo Sitio Web supoñen que o Usuario do mesmo acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir por completo o presente Aviso Legal, así como as instrucións ou recomendacións que se lle indiquen en cada caso concreto a través do Sitio Web. En todo caso, queda prohibido o acceso e navegación no Sitio Web por parte dos menores de catorce anos. En todo caso, presumirase que o acceso realizado por un menor ao Sitio Web se realizou con autorización previa e expresa dos seus pais, titores ou representantes legais.
Dereitos de propiedade intelectual e industrial
Esta páxina web e os contidos que alberga, tales como imaxes, software, produtos e servizos, atópanse protexidos polas leis de propiedade intelectual. Non poderán ser obxecto de explotación, reprodución, distribución, modificación, comunicación pública, cesión ou transformación sen a autorización do seu titular.
O nome comercial, os logos, as marcas e demais categorías de propiedade industrial que aparecen nesta páxina web son titularidade de GAFIX e obxecto de protección polas leis autonómicas, estatais, europeas e internacionais relativas á propiedade industrial.
O acceso a esta páxina web non outorga aos usuarios dereito nin titularidade algunha sobre os dereitos de propiedade intelectual nin industrial dos contidos que alberga esta páxina web.
GAFIX resérvase a posibilidade de exercer as accións xudiciais que correspondan contra os usuarios que violen ou infrinxan os dereitos de propiedade intelectual e industrial.
Ligazóns
No caso de que na páxina web se dispoñan ligazóns ou hipervínculos cara a outros sitios de Internet, estes son a mero título informativo.
Modificacións
GAFIX resérvase o dereito de efectuar sen aviso previo as modificacións que considere oportunas na páxina web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados na súa páxina web.
Modificación das condicións e duración
GAFIX poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.
Uso do servizo e responsabilidades
As condicións de acceso e uso da presente web rexense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o Usuario a realizar un bo uso da web e dos servizos que se ofrecen.
Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros, prohibíndose expresamente:
- Realizar actuacións que poidan producir na web ou a través da mesma e por calquera medio algún tipo de dano aos sistemas de gafix.gal ou a terceiros.
- Realizar publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, spam (envío de correos masivos) ou o envío de grandes mensaxes co fin de bloquear os servidores da rede (mail bombing).
GAFIX non asumirá ningunha responsabilidade derivada do uso incorrecto, inapropiado ou ilícito da información aparecida no Sitio Web.
GAFIX declina toda responsabilidade no caso de que o acceso ou as visitas á súa web se viren imposibilitadas ou dificultadas debido a unha interrupción ou defectuosa prestación do subministramento eléctrico, telefónico ou doutros provedores de telecomunicacións alleos ao Sitio Web, ou no caso de producirse conflitos sociais ou outros supostos de forza maior, ou calquera actuación dun terceiro, incluídos os requirimentos ou ordes administrativas ou xudiciais, sabotaxes ou saturacións, intencionadas ou non.
Declínase igualmente toda responsabilidade derivada dos danos e prexuízos que puidera sufrir o visitante nos seus medios informáticos ou telemáticos a consecuencia da produción de calquera das circunstancias anteriormente expostas.
Protección de datos e uso de cookies
Ver a Política de privacidade e a Política de cookies.
Lexislación aplicable e xurisdición competente
Este Sitio Web ríxese pola lexislación vixente en España. Para toda controversia que puidera xurdir na interpretación e aplicación do presente Aviso Legal, e na medida do permitido pola lexislación vixente, tanto o Titular como os Usuarios sométense expresamente á xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, con renuncia ao seu foro propio se o houber.