Saltar ao contido
Colaboración no ámbito da infancia e o sector social

Que facemos

A voz das entidades que traballan pola infancia, a xuventude e as familias

As organizacións que integran GAFIX xeran emprego cualificado, impulsan a innovación social e desenvolven a súa actividade nos principais ámbitos de actuación do Convenio Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores. A través da representación, a cooperación e o traballo en rede, contribuímos a construír un sector máis forte, profesionalizado e con maior capacidade de resposta ante os retos sociais.

Representación e interlocución institucional

Defendemos os intereses comúns do sector ante as administracións públicas e outros axentes.

Incidencia e políticas públicas

Participamos no diálogo e na elaboración de propostas que contribúan a mellorar as políticas de familia, infancia e xuventude.

Defensa e fortalecemento do sector

Traballamos para mellorar as condicións nas que as entidades desenvolven os seus servizos e programas.

Asesoramento técnico

Compartimos coñecemento e facilitamos respostas ante cuestións normativas, laborais e técnicas de interese común.

Formación e coñecemento

Promovemos espazos de formación, análise e intercambio para avanzar en calidade e profesionalización.

Cooperación e traballo en rede

Xeramos alianzas entre entidades e favorecemos proxectos e iniciativas compartidas.

As entidades que forman GAFIX traballan en

  • Protección de nenos, nenas e adolescentes
  • Reforma xuvenil e execución de medidas xudiciais
  • Intervención socioeducativa
  • Atención e intervención familiar
  • Emancipación e transición á vida adulta
  • Inclusión social e inserción sociolaboral
  • Acollemento residencial e recursos de convivencia
  • Prevención e intervención comunitaria
  • Saúde mental e apoio psicosocial
  • Atención a persoas en situación de vulnerabilidade