
Quen somos
Unindo entidades para fortalecer o sector social galego
Que é GAFIX
GAFIX é a Asociación Empresarial Galega de Familia, Infancia e Xuventude. Reúne entidades de iniciativa social que desenvolven a súa actividade nos ámbitos de protección de nenos, nenas e adolescentes, reforma xuvenil, intervención socioeducativa, atención a familias, emancipación, inclusión social e outros recursos especializados contemplados no Convenio Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores.
Traballamos para fortalecer as organizacións que cada día acompañan a miles de persoas, impulsando a cooperación, a representación institucional, a formación, a innovación e a mellora continua do sector.
En síntese
- 13 entidades asociadas
- + de 1050 profesionais
- Ámbito de actuación: toda Galicia